Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Necrópole de Tebas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Luxor, Exipto | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1979 (3ª Sesión) | |||
O Val dos Reis (Biban el-Muluk ou Wadi el-Muluk (وادي الملوك en árabe) é un val de Exipto no que se construíron tumbas para os faraóns das XVIII a XX dinastías do Imperio Novo. O nome oficial do lugar era "A Grande e Maxestosa Necrópole do Millón de Anos do Faraón, Vida, Forza, Saúde no Oeste de Tebas" ou Ta-sekhet-ma'at ("O Gran Campo").
Forma parte do complexo denominado Antiga Tebas coa súa necrópole, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979. Atópase na zona desértica (Desheret, a "Terra Vermella") na beira occidental do Nilo, fronte a Tebas (Luxor moderno), no corazón da Necrópole.[1] O val está formado por dous vales, o Val Leste, onde se atopan as tumbas numeradas co código KV (Val do Rei), e o Val Oeste, coas tumbas designadas con WV (Val do Oeste).