Epónimo | Vallvidrera, Monte Tibidabo e Les Planes, Barcelona | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Sarrià-Sant Gervasi | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 4.760 (2021) | |||
Vallvidrera, el Tibidabo i les Planes é un barrio do distrito de Sarrià-Sant Gervasi da cidade de Barcelona. Este barrio agrupa as áreas de Vallvidrera, o Tibidabo e Les Planes. É un dos barrios con máis extensión de Barcelona, situado na serra de Collserola.
Vallvidrera foi termo independente ata que se agregou no antigo termo de Sarrià o 1890. Algúns edificios destacables deste barrio ou sector son a igrexa de Santa María de Vallvidrera e a casa Vil·la Joana. Vallvidrera creceu bastante cando se converteu en lugar de veraneo dalgúns barceloneses e actualmente é unha zona residencial permanente.
En Les Planes inclúense outros sectores como Mas Sauró, Mas Guimbau e El Rectoret. Este sector sitúase na ladeira do Vallès da serra de Collserola.
No Tibidabo urbanizouse cando se construíu o parque de atraccións do Tibidabo, o Observatorio Fabra (1902-1904) e o Templo do Sacro Corazón. O 1992 inaugurouse a torre de Collserola de Norman Foster. Á beira do parque atópase o núcleo residencial.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |