Vancouver Grizzlies | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Medio-Oeste |
Fundación | 1995 |
Historia | Vancouver Grizzlies (1995−2001) Memphis Grizzlies (desde 2001) |
Cores | Turquesa, bronce, vermello |
Localización | |
Cidade | Vancouver, Columbia Británica |
Pavillón | General Motors Place |
Capacidade | 19.193 espectadores |
Inauguración | 21 de setembro de 1995 |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 0 |
grizzlies.com |
Os Vancouver Grizzlies foron un equipo profesional de baloncesto canadense con sede na cidade de Vancouver, Columbia Británica. Foron parte da División Medio-Oeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). A franquía foi fundada no ano 1995, sendo parte, xunto cos Toronto Raptors, da expansión da NBA cara ao Canadá.[1] A partir da temporada 2000−01 o equipo trasladouse á cidade estadounidense de Memphis, Tennessee, onde adoptaron o nome de Memphis Grizzlies. O Grizzlies xogaron durante as súas seis temporadas na cidade canadenese os seus partidos como local no General Motors Place.
Como moitas franquías de expansión da NBA, os Grizzlies tiveron problemas durante os seus primeiros anos. O equipo terminou no último lugar da súa división en cinco das súas seis temporadas en Vancouver, nunca gañando máis do 30% dos seus partidos. En total, gañaron 101 partidos, perderon 359 e nunca se clasificaron para os playoffs da NBA. Unha das dificultades coa que se encontraron os equipos cadenses de expansión, foi que se lles negaron as primeiras eleccións do Draft na primeira tempada. Con todo, os Grizzzlies conseguiron asinar a Shareef Abdur-Rahim en 1996. Porén, os seguintes anos, a pesar de ter eleccións altas no Draft, continuou perdendo. En 1999 o equipo escolleu no a Steve Francis, mais este se negou a xogar en Vancouver e foi traspasado. Todas estas circunstancias, xunto cunha menor assitencia aos partidos máis un dólar canadense débil fixeron que os propietarios Orca Bay Sports and Entertainment comezasen a perder diñeiro na franquía. Despois dun intento errado de vender o equipo a Bill Laurie, vendeuse a Michael Heisley, que trasladou ao equipo para a tempada 2001−02.