Peristeri | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1982 (42 anos) Lárisa, Grecia |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 96 kg (212 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Cargo | Adestrador |
Información da carreira | |
Canteira | Gymnastikos S. Larissas |
NBA Draft | 2004 / Rolda: 2 / Elección: 50 Por Dallas Mavericks |
Internacional | Grecia |
Carreira | 1999−presente |
Historial de equipos | |
Como xogador: Gymnastikos S. Larissas (1999–2001) Maroussi (2001−2005) Panathinaikos (2005–2006) Houston Rockets (2006–2007) Panathinaikos (2007–2010) Olympiacos (2010–2021) | |
Como adestrador: Peristeri (2022−presente) |
Vassilis Spanoulis (en grego: Βασίλης Σπανούλης), nado o 7 de agosto de 1982 en Lárisa (Tesalia), é un antigo xogador e adestrador profesional internacional de baloncesto grego. Cunha altura de 1,93 m xogaba nas posicións de base e escolta. Formado como xogador no Gymnastikos S. Larissas, chegou a gañar tres títulos da Euroliga co Olympiacos, sendo nomeado MVP da competición en 2013 e das finais en 2009, 2012 e 2013. Tamén participou un ano na NBA cos Houston Rockets. Foi internacional coa selección de Grecia. Dende 2022 traballa como adestrador do Peristeri da A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego.