A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40 320 km/h, o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹.
A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia.
Para calcular a velocidade de escape, úsase a seguinte expresión:
na cal: