Vibrio é un xénero de bacterias gramnegativas que ten unha característica forma de bacilo curvado con forma de coma, entre as que está a especie que produce o cólera (Vibrio cholerae).[1][2][3] As bacterias con forma de coma (do xénero Vibrio e doutros) chámanse xenericamente vibrios ou vibrións e son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e espirilos. O nome Vibrio deriva da palabra vibrión, que utilizou Filippo Pacini para chamar aos microorganismos que illou de pacientes de cólera en 1854, e ten que ver coa súa mobilidade (vibraban).[4]
Ademais do cólera causado por V. cholerae, varias especies do xénero Vibrio poden causar infeccións alimentarias, xeralmente asociadas co consumo de alimentos pouco cociñados, e outros poden infectar feridas abertas e producir septicemias. Os Vibrio atópanse xeralmente na auga salgada, pero tamén na doce e son anaerobios facultativos que dan positivo na proba da oxidase, son fermentativos e non forman esporas.[5] Todos os membros do xénero son móbiles e teñen un flaxelos polares con vaíñas. As filoxenias recentes elaboráronse baseándose nun conxunto de xenes (análise de secuencia multilocus).[1]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Thompson2
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Sherris
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome FaruqueNair
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome AUTOREF
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Brock