O título de vicerrei corresponde ao máis alto representante do rei nun estado, ou nunha colonia, do que é titular o monarca. Este estado ou colonia denomínase vicerreinado.[1]
A vicerraíña é unha muller que exerce esta función, caso raro, porque dita función comprende tamén a comandancia militar do territorio, ou a esposa dun vicerrei.[2]
A alusión etimolóxica ao rei fai que o vicerrei estea considerado como máis importante que un gobernador xeral, inclso nos casos en que sexa sinónimo deste rango administrativo.
Nuns poucos casos, nalgunhas coroas, o título (e a función, a menos que o título non estea directamente ligado a ela) resérvase a membros da familia real.