Victoria[1][2] ou Vitoria[3] é o estado máis pequeno de Australia, sen contar con Tasmania. Atópase no sueste do continente. A súa poboación estímase en 5 millóns, coa maior densidade do país. A súa capital é Melbourne no fondo da baía de Port Phillip. Ocupa a franxa costeira adxacente ao estreito de Bass, fronte á illa de Tasmania.
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 120. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.