Vida nova[1], ou Vita nuova no orixinal en italiano, é o primeiro libro de Dante Alighieri, escrito entre 1292 e 1293 e composto de 31 poemas comentados onde narra a historia do seu amor por Beatriz.
A tradución ao galego foi obra de Darío Xohán Cabana e foi publicada en 1994 pola editorial Espiral Maior. No ano 1995, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.