Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar.
As edificacións basicamente presentan tres tipos de vigas, que difiren na forma en que contactan cos seus apoios:
As viga feitas en formigón armado son dimensionadas de forma que sexa a súa ferralla lonxitudinal o que resista os esforzos de tracción, non tendo en conta a resistencia á tracción do formigón, por ser esta moi baixa. As vigas de formigón armado reciben unha ferralla secundaria distribuída transversalmente ao longo da viga denominada estribos. Posúen a finalidade de levar até os apoios as forzas cisallantes.
En viadutos e en pontes comunmente as vigas son do tipo biapoiado. Os seus apoios son chamados libres. Así, a estrutura pode oscilar nos seus apoios, evitando a aparición de trincas e permitindo á estrutura oscilar co desprazamento das cargas móbeis recibidas, sen afectar a súa estabilidade.