Vilalba

Modelo:Xeografía políticaVilalba
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°17′47″N 7°40′43″O / 43.2963, -7.6786Coordenadas: 43°17′47″N 7°40′43″O / 43.2963, -7.6786
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalVilalba Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
A Torre
Alba
Belesar Editar o valor em Wikidata../... 30+
Poboación
Poboación13.870 (2023) Editar o valor em Wikidata (36,6 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie379 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude480 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMarta Rouco Seoane (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Vilalba Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27800 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27065 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvilalba.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellodevilalba Twitter: ConcelloVilalba Instagram: vilalba.concello Youtube: UCWOhZ4xJJIHw1dOv6hTQPAg Editar o valor em Wikidata

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2020 tiña 14 079 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» e tamén «chairego». O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo concello galego en extensión despois da Fonsagrada. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila[1].

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa[2], o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba[3] que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

  1. "Xeografía do Concello de Vilalba". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2008. Consultado o 17 de febreiro de 2008. 
  2. Queixo de San Simon da Costa
  3. "Capóns de Vilalba". Arquivado dende o orixinal o 07/02/2008. Consultado o 17/2/2008. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy