Vinagre

Botellas de vinagre en diferentes formatos.

O vinagre (do latín vinum acre e deste pasou ao francés antigo vinaigre, "viño agre") é un líquido miscible, con sabor agre, que provén da fermentación acética do viño (mediante as bacterias Mycoderma aceti) e que se usa normalmente para condimentar as ensaladas.[1] O vinagre contén tipicamente unha concentración que vai de 3% ao 5% de ácido acético. Os vinagres naturais tamén conteñen pequenas cantidades de ácido tartárico e ácido cítrico.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vinagre.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in