Violeta (cor)

Diferentes tons de violeta

O violeta é a cor que se percibe ante a fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 380 e 420 nm. Atópase entre o azul e o púrpura, polo que tamén pode denominarse azul púrpura. A referencia orixinaria da cor violeta son os pétalos das plantas homónimas do xénero Viola, como por exemplo a violeta común (Viola odorata) ou a violeta brava (Viola riviniana).

Atópase estandarizado en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo este violeta «estándar» coma modelo e referente para a cor violeta. O violeta estándar pode verse na imaxe da dereita, os valores que se dan debaixo corresponden ao mesmo. A denominación de cor «violeta» abrangue un conxunto de coloracións semellantes á cor estándar, violáceas. O lila e o malva son variantes desta cor[1].

Violeta coma cor terciaria
     púrpura
     violeta[2]
     azul
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lila.
  2. Aproximacións RGB de cores terciarias RYB, usando interpolación cúbica.[1] Arquivado 28 de xuño de 2013 en Wayback Machine. As cores aquí amosadas son substancialmente máis pálidas que as cores verdadeiras que unha mestura de pinturas produciría.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy