Viroide

Viroide


Clasificación científica
(sen clasif.): Axentes subvirais
(sen clasif.): Viroide
Familias

Pospiviroidae
Avsunviroidae

Os viroides son patóxeno das plantas aparentemente similares a virus pero que se diferencian deles en que non teñen cápside proteica e en que o seu ácido nucleico é sempre ARN circular monocatenario, polo que se pode dicir que son un ARN circular infeccioso. Un viroide consiste simplemente nun curto ARN monocatenario circular duns poucos centos de nucleobases e con alta complementariedade, polo que teñen menos de 10.000 átomos en total.[1][2]. En comparación, o xenoma máis pequeno coñecido de virus que pode causar infección ten un tamaño dunhas 2000 pares de bases. O patóxeno humano da hepatite D é similar a un viroide pero ten proteínas asociadas ao seu xenoma e pertence a outra categoría, a dos chamados virus satélites.[3]

Os viroides foron descubertos e bautizados por Theodor Otto Diener, un patólogo vexetal do Servizo de Investigación Agrícola de Maryland, en 1971.[4][5][6]

O ARN dos viroides non codifica ningunha proteína,[7] pero pode ter actividade de ribozima.[8] Cando infecta as plantas este ARN replícase nelas. O mecanismo de replicación implica a ARN polimerase II do hóspede, un encima normalmente asociado coa síntese de ARN mensaxeiro a partir de ADN, pero que nos viroides actúa catalizando a síntese en "círculo rodante" do novo ARN utilizando como molde o ARN do viroide inicial. Algúns viroides son ribozimas, polo que teñen propiedades catalíticas que lles permiten autocortar e ligar xenomas de tamaño unidade a partir de intermediarios de replicación máis longos,[9] pero outros viroides fan o corte con encimas RNAases da planta. Por tanto, para a súa replicación dependen de encimas do hóspede (pero non dependen doutra especie de virus como os virusoides e satélites).

Outros axentes parecidos son os virusoides, que precisan infectar á célula xunto con outro virus, do cal dependen para a súa replicación. Polo contrario, o viroide non depende doutro virus.

O primeiro viroide que foi identificado foi o viroide do tubérculo afusado da pataca (PSTVd). En total lévanse identificado algo máis de 30 especies:

  1. Campbell & Reece (2008). Pearson Benjamin Cummings, ed. Biology. ISBN 0-8053-6844-2. 
  2. Wolfram, Stephen. "A New Kind of Science". A New Kind of Science. Wolfram Science. Consultado o 22 January 2012. 
  3. Rocheleau L, Pelchat M (2006). "The Subviral RNA Database: a toolbox for viroids, the hepatitis delta virus and satellite RNAs research". BMC Microbiol. 6: 24. PMC 1413538. PMID 16519798. doi:10.1186/1471-2180-6-24. 
  4. Diener TO (1971). "Potato spindle tuber "virus". IV. A replicating, low molecular weight RNA". Virology 45 (2): 411–28. PMID 5095900. doi:10.1016/0042-6822(71)90342-4. 
  5. "ARS Research Timeline - Tracking the Elusive Viroid". 2006-03-02. Consultado o 2007-07-18. 
  6. "Discovery of Viroids" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de maio de 2012. 
  7. Tsagris EM, de Alba AE, Gozmanova M, Kalantidis K (2008). "Viroids". Cell. Microbiol. 10 (11): 2168–79. PMID 18764915. doi:10.1111/j.1462-5822.2008.01231.x. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 06 de maio de 2013. 
  9. Daròs JA, Elena SF, Flores R (2006). "Viroids: an Ariadne's thread into the RNA labyrinth". EMBO Rep. 7 (6): 593–8. PMC 1479586. PMID 16741503. doi:10.1038/sj.embor.7400706. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy