Vitamina D

Colecalciferol (D3). Un dos aneis da súa estrutura esteroide está roto.
Calcitriol (1,25-dihidroxicolecalciferol). Forma activa. Ten grupos OH extras.
Ergocalciferol (D2). Ten un dobre enlace e un grupo metilo extras.

A vitamina D é un grupo de substancias esteroides cun anel da molécula roto (secosteroides) liposolubles. Nos humanos a vitamina D é única entre as vitaminas, porque funciona como unha prohormona e porque o corpo pode sintetizala en forma de vitamina D3 cando a nosa pel se expón ao sol.

As medidas dos niveis séricos de vitamina D3 son un reflexo da síntese endóxena por exposición á luz solar e da inxestión da vitamina na dieta, e pénsase que a síntese pode en xeral manter niveis séricos axeitados da vitamina. As evidencias indican que a síntese de vitamina D por exposición ao sol funciona como un bucle de retroalimentación que impide a súa toxicidade por exceso, pero advírtese que a exposición ao sol tampouco debe ser excesiva debido aos riscos de cáncer de pel.

Cando se sintetiza nos riles, o calcitriol (ou 1,25-dihidroxicolecalciferol) circula polo organismo como unha hormona, regulando a concentración de calcio e fosfato na corrente sanguínea e favorecendo o crecemento saudable e a remodelación dos ósos. A vitamina D prevén o raquitismo nos nenos e a osteomalacia nos adultos, e, xunto co calcio, axuda a protexer aos anciáns da osteoporose. A vitamina D tamén afecta á función neuromuscular, a procesos de inflamación, e inflúe na acción de moitos xenes que regulan a proliferación celular, diferenciación celular e apoptose.[1]

As probas dos efectos saudables sobre a suplementación con vitamina D na poboación xeral son consistentes,[2][3][4] especialmente en canto aos beneficios sobre a saúde ósea [5] e o descenso da mortalidade en mulleres anciás.[6]

  1. "Dietary Supplement Fact Sheet: Vitamin D". Office of Dietary Supplements (ODS). National Institutes of Health (NIH). Consultado o 2010-04-11. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Balk09
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Heart10
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Cancer09
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome IOM11
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Cochrane11

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy