Viveiro

Modelo:Xeografía políticaViveiro
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°38′53″N 7°35′24″O / 43.648055555556, -7.59Coordenadas: 43°38′53″N 7°35′24″O / 43.648055555556, -7.59
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalViveiro Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación15.221 (2023) Editar o valor en Wikidata (139,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie109,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría Loureiro García Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Viveiro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27850 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27066 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webviveiro.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: ConcelloViveiro Instagram: concellodeviveiro Editar o valor en Wikidata

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. Ao mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy