Walter Bache

Modelo:BiografíaWalter Bache

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1842 Editar o valor en Wikidata
Birmingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1888 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, profesor de música, pianista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRoyal Academy of Music Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMoritz Hauptmann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSamuel Bache Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancis Edward Bache
Constance Bache Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
A Dictionary of Music and Musicians, 1900 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 9667591b-4cb5-455b-9238-722ab0ca49e7 IMSLP: Category:Bache,_Walter WikiTree: Bache-168 Editar o valor en Wikidata

Walter Bache, nado en Birmingham o 19 de xuño de 1842 e finado en Londres o 26 de marzo de 1888 foi un pianista e director de orquestra británico, destacado pola súa defensa da música de Franz Liszt e outros membros da Nova Escola Alemá en Inglaterra. Estudou de xeito privado con Liszt en Italia entre 1863 e 1865, sendo un dos poucos alumnos aos que llo permitiu, e continuou asistindo regularmente a clases maxistrais con el en Weimar (Alemaña) ata 1885, mesmo despois de iniciar a súa carreira como solista. Este período de estudo non foi igualado por ningún outro alumno de Liszt e deu lugar a un vínculo particularmente estreito entre ambos. Logo das dúbidas iniciais por parte dos críticos ingleses debido a que era alumno de Liszt, Bache foi aclamado publicamente pola súa destreza ao teclado,[1] mesmo cando partes do seu repertorio foran cuestionadas.[2]

O seu principal logro foi o establecemento da música de Liszt en Inglaterra, ao que se adicou desinteresadamente entre 1865 e a súa morte en 1888.[3] Isto sucedeu cando a Guerra dos románticos estaba no seu apoxeo, cando as faccións musicais conservadoras e liberais discutían abertamente sobre o futuro da música clásica e os méritos das composicións escritas nas súas respectivas escolas. Bache programou varias das obras orquestrais e corais a través dunha serie anual de concertos, que financiou, organizou e promoveu en solitario. Do mesmo xeito, deu unha serie anual de recitais que incorporaba música para piano de Liszt.[4]

A estratexia de Bache para a presentación destas obras foi a de familiarizar o público con elas.[5][6] Interpretou os arranxos para piano de dúas das obras orquestrais de Liszt antes da estrea da versión orixinal e programou algúns dos poemas sinfónicos do compositor húngaro pouco despois de que foran estreados en The Crystal Palace. Tamén proporcionou notas de programa informativas e expertas, escritas polos principais analistas musicais e amigos íntimos no círculo de Liszt. A prensa musical inglesa, aínda que era en xeral hostil á música que presentou, sinalou e agradeceu os esforzos de Bache. Liszt mostrouse agradecido, xa que sen Bache, segundo recoñeceu, a súa música non podería ter acadado o punto de apoio que logrou.[7]

  1. Allis 2007, p. 197.
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome MS_54
  3. Walker 2005, p. 106.
  4. Walker 2005, p. 114.
  5. Allis 2006, p. 58.
  6. Allis 2007, p. 196.
  7. Liszt 2009, p. 2:478.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in