Washington Wizards

Washington Wizards
Washington Wizards logo
Washington Wizards logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Sueste
Fundación 1961
Historia Chicago Packers (1961–1962)
Chicago Zephyrs (1962–1963)
Baltimore Bullets (1963–1973)
Capital Bullets (1973–1974)
Washington Bullets (1974–1997)
Cores                     Azul, vermello
Retirados 5 (10, 11, 25, 41, 45)
Localización
Cidade Washington, D.C. Washington, D.C.
Pavillón Capital One Arena
Capacidade 20.356 espectadores
Inauguración 2 de decembro de 1997
Persoal
Propietario(s) Ted Leonsis
Director Ernie Grunfeld
Adestrador Scott Brooks
Títulos
Campión 1 (1978)
Conferencia 4 (1971, 1975, 1978, 1979)
División 7 (1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1979, 2017)
wizards.com

Os Washington Wizards son un equipo profesional de baloncesto con sede en Washington, D.C.. Son parte da División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Actualmente o equipo xoga no Capital One Arena, pavillón situado no barrio de Chinatown da capital dos Estados Unidos, con capacidade para 20.356 espectadores.

Fundados no ano 1961 co nome de "Bullets" (do inglés: balas), a franquía pasou por Chicago e Baltimore antes de chegar a Washington, D.C. En 1997 deciden mudar o seu nome a "Wizards" (magos) para evitar que a imaxe da cidade se vise asociada á criminalidade. O maoir éxito do club foi a consecución do campionato da NBA na temporada 1977−78, finalizando ademais como subcampión ao ano seguinte. Algúns dos xogadores máis destacados que pasaron polo club son Earl Monroe, Elvin Hayes, Gus Johnson e Wes Unseld, que teñen o seu dorsal retirado polo club, e Michael Jordan, considerado por moitos o mellor xogador da historia.[1]

  1. "Michael Jordan Bio". NBA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2006. Consultado o 27 de novembro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy