Watergate

Fotografía do complexo Watergate en Washington D. C.
Nixon abandona a Casa Branca logo da súa dimisión, o 9 de agosto de 1974

O Watergate foi un escándalo político que supuxo unha crise constitucional nos anos setenta nos Estados Unidos de América. O escándalo tomou o nome do hotel de Washington, D.C. sede do comité electoral demócrata, no que tivo lugar un roubo de documentos e concluíu coa dimisión do presidente Richard Nixon.

En 1972 o partido demócrata establece nel a súa sede de preparación para as eleccións a presidente. Lidera esta operación o senador McGovern, que está oposto ao apoio dos Estados Unidos de América á guerra de Vietnam. Richard Nixon presidente en función anda mal de popularidade e para enfrontarse á campaña electoral utilizou métodos ilegais. Neste contexto o edificio foi o escenario dun episodio de espionaxe. Aínda que algúns elementos non quedasen aclarados, a consecuencia do escándalo foi a dimisión de Nixon e a limitación de poderes do executivo: de aí en diante o senado puido vixiar ao FBI, a CIA, e a empresas internacionais.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy