Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Orixe | Os Ánxeles (California), Estados Unidos |
---|---|
Período | 1992 - actualidade |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | DGC/Interscope (1993-2009) Epitaph (2010-actualidade) |
Membros | Rivers Cuomo Brian Bell Scott Shriner Pat Wilson |
Antigos membros | Jason Cropper Matt Sharp Mikey Welsh |
Na rede | |
http://www.weezer.com | |
Weezer é unha banda de rock alternativo estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1992. Está liderada polo seu vocalista e guitarrista Rivers Cuomo e completan a súa formación dende o ano 2001 Pat Wilson (batería, guitarra e coros), Brian Bell (guitarra, coros e teclados) e Scott Shriner (baixo, coros e teclados).
Tras asinar con Geffen Records en 1993, Weezer publicou o seu álbum de estrea autotitulado, tamén coñecido como Blue Album, en maio de 1994. Respaldado polos vídeos musicais dos sinxelos "Buddy Holly", "Undone - The Sweater Song", e "Say It Ain't So", o Blue Album converteuse nun grande éxito. O segundo álbum de Weezer, Pinkerton (1996), cun son máis escuro e abrasivo, foi un fracaso comercial e inicialmente recibiu recensións mesturadas ou negativas, aínda que acadou un status de culto a a aclamación da crítica anos máis tarde. Estes dous traballos adoitan a citarse entre os mellores álbums dos anos 90. Tras a xira de Pinkerton, o baixista Matt Sharp deixou a banda e Weezer entrou en hiato.
En 2001 Weezer regresou co Green Album e co novo baixista Mikey Welsh. Cun son máis pop, e promocionado polos sinxelos "Hash Pipe" e "Island in the Sun", o álbum foi un éxito comercial e recibiu polo xeral críticas positivas. Tras a xira do Green Album Welsh foi substituído por Scott Shriner. O cuarto álbum de Weezer, Maladroit (2002), conseguiu boas críticas pero vendas pobres. Make Believe (2005) tivo recensións diversas, pero o seu sinxelo "Beverly Hills" foi o primeiro da banda en chegar ao número 1 da lista estadounidense Modern Rock Tracks e o primeiro en entrar no top 10 da lista Billboard Hot 100.
No ano 2008 Weezer lanzou o Red Album; oseu sinxelo principal, "Pork and Beans", converteuse na terceira canción de Weezer en chegar ao número 1 da Modern Rock Tracks, respaldado por un video musical gañador dun Grammy. Raditude (2009) e Hurley (2010) contaban cunha "produción pop moderna" e con temas coescritos con outros artistas, conseguindo recensións diversas e vendas moderadas. Everything Will Be Alright in the End (2014) e o White Album (2016) regresaron a un estilo rock e conseguiron críticas máis positivas; Pacific Daydream (2017) tiña un son pop máis mainstream. En 2019 Weezer lanzou un álbum de versións, o Teal Album, seguido polo Black Album. En 2021 a banda publicou OK Human, cun son pop orquestral, seguido polo inspirado no hard rock Van Weezer. Weezer vendeu 35 millóns de álbums en todo o mundo, 10,2 deles nos Estados Unidos.[1]