Weezer (White Album)

Weezer
Álbum de Weezer
Publicado1 de abril de 2016
Gravación2015
Duración34:05
Xénero(s)rock alternativo, power pop, pop punk
Selo(s)Atlantic Records, Crush Management
Producido porJake Sinclair
Cronoloxía
Everything Will Be Alright in the End Weezer -

Weezer (tamén coñecido como The White Album)[1][2] é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 1 de abril de 2016.[3] O disco é o seu cuarto traballo autotitulado e o seu primeiro álbum producido por Jake Sinclair. Tamén é o seu primeiro disco editado a través de Crush Management e distribuído por Atlantic Records.[4]

Para o álbum, o líder da banda Rivers Cuomo explorou novas técnicas de composición, como a inclusión de potenciais letras nunha folla de cálculoe incluílas en cancións, como en "Summer Elaine and Drunk Dori" e "L.A. Girlz", baseadas no seu reconto de sílabas e a acentuación de palabras. O disco explora temáticas de dinámicas de xénero, experiencias de citas modernas e referencias á iconografía relixiosa. Musicalmente é unha volta aos seus dous primeiros traballos, Weezer (1994) e Pinkerton (1996), aínda que tamén é unha especie de tributo a The Beach Boys.

Weezer continuou colleitando a aclamación da crítica do anterior traballo da banda, Everything Will Be Alright in the End, mentres que comercialmente mellorou os resultados do anterior álbum, acadando o número 4 da lista Billboard 200 con 49.000 copias vendidas na súa primeira semana. Do disco sacáronse tres sinxelos: "Thank God for Girls", "Do You Wanna Get High?" e "King of the World".

  1. Kerrang! (ed.). "Weezer Release New Video for California Kids". Archived from the original on 10 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  2. Entertainment.ie (ed.). "Weezer announce new album release in April - watch the video for 'King of the World' now". Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  3. Pitchfork (ed.). "Weezer Announce Weezer ("The White Album"), Share "King of the World" Video". Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  4. Billboard (ed.). "Warner Music Group, Crush Music Launch New Label". Consultado o 29 de outubro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy