Wii

Wii

A Wii (ウィー, Wī) é unha videoconsola de sétima xeración de Nintendo, lanzada en 2006 e descontinuada en 2014. Wii é a sucesora de Nintendo GameCube. Cómpre destacar que Wii foi a primeira consola de sobremesa de Nintendo que non levou a palabra "Nintendo" no nome senón que se chamou unicamente Wii. Foi desenvolvida en colaboración entre IBM e ATI. A Wii é a sucesora da Nintendo GameCube e compite na actualidade contra a Playstation 3 de Sony e a Xbox 360 de Microsoft como parte das videoconsolas de sétima xeración.

A videoconsola foi concibida no ano 2001, xunto ao comezo da venda ao público da Nintendo GameCube. Acorde a unha entrevista con Shigeru Miyamoto, o concepto centrábase nunha nova forma de interacción co videoxogo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy