Advertencia xeral · Aviso de contido · Aviso legal · Aviso médico · Aviso de risco |
A Wikipedia é unha enciclopedia colaborativa en liña e de contido aberto, isto é, unha asociación voluntaria de individuos e grupos que están a desenvolver un recurso común e aberto do coñecemento humano. A estrutura do proxecto permite que calquera cunha conexión á internet poida altera-lo seu contido. Está avisado de que nada do que atope aquí tivo por que ser necesariamente revisado por profesionais ou expertos que lle garantan unha información fiable, precisa e completa.
Isto non quere dicir que non haxa información valiosa e precisa na Wikipedia; encontraraa a meirande parte do tempo. Non obstante, a Wikipedia non pode garantir a validez da información publicada aquí. O contido de calquera artigo que procure puido ser trocado, vandalizado ou alterado recentemente por alguén cuxa opinión non coincida co coñecemento aceptado nesa área concreta. Saiba tamén que outras moitas enciclopedias e traballos de referencia teñen tamén advertencias similares.