Wikipedia:Avisos de usuario

Atallo:
WP:AU

Os modelos de avisos de usuario colócanse nas páxinas de conversa para avisar un usuario do seu vandalismo, transmitíndollo mediante unha mensaxe estandarizada. Se o ton do contido dun dos modelos non é o axeitado, non empregues o devandito modelo: comunícallo normalmente.

O obxectivo dos avisos de usuario é guiar cara á boa fe a aqueles que fagan probas de edición e disuadir do abandono da mala fe aos vándalos. Tes que comprobar que o usuario fixo edicións daniñas desde o último aviso que se lle deu; cómpre dar ao usuario unha oportunidade de reaccionar e redimirse dos seus actos. Os bloqueos de usuario serven para previr a realización de máis vandalismos, non para castigar os usuarios. Se un usuario deixou de vandalizar hai tempo, e o seu historial de edicións non suxire un patrón de vandalismo crónico, non hai necesidade de o avisar ou de o bloquear; nestes casos, un modelo de benvida pode axudar en futuras visitas. Do mesmo xeito, se un usuario se atopa no medio dunha esmorga de vandalismo de mala fe obvio, non existe a necesidade de avisalo antes de bloquealo temporalmente.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy