Wikipedia:Babel

Atallo:
WP:B

O proxecto Babel é un proxecto internacional que permite informar a un wikipedista das capacidades lingüísticas doutros.

Non todos os usuarios e colaboradores desta Wikipedia falan e/ou escriben na mesma lingua. Para axudar a comunicarse, por favor clasifíquese a si mesmo segundo o coñecemento que teña das distintas linguas, engadindo a súa páxina de usuario ás categorías correspondentes. Por exemplo, para a lingua galega: gl, para o inglés en, de para ao alemán, pt para o portugués, es para o castelán e así sucesivamente. Como información adicional, os colaboradores poden especificar o nivel de coñecemento da lingua:

  • 1 significa coñecemento básico: a habilidade de entender e respostar cuestións sinxelas ou comprender textos nunha lingua.
  • 2 significa coñecemento intermedio: a hablidade de entender perfectamente a lingua e poder intervir nas discusións.
  • 3 significa coñecemento avanzado: a habilidade de escribir sen problemas e corrixir ortografía e erros gramaticais nunha lingua.
  • 4 significa coñecemento a nivel de lingua materna, pero sen ser a primeira lingua de uso ou a súa lingua familiar.
  • A ausencia de código numérico indica que se trata da lingua materna do usuario.

Así, de-1 identifica a un colaborador cun coñecemento básico de alemán e gl-3 identifica a un usuario cun nivel avanzado de galego. As dúas letras do código da lingua son os mesmos códigos que os descritos en ISO 639. (Véxase a lista completa de linguas coa súa propia Wikipedia.)


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in