Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 29/11/2015 ata o 29/12/2015. |
Esta páxina en resumo:
|
O civismo é parte das normas de conduta da Wikipedia, que a súa vez forman parte dos cinco piares, e describe o comportamento esperado dos usuarios fornecendo indicacións de como tratar as disputas que poidan darse na Wikipedia. Explicado de forma sinxela, os editores deberían tratarse sempre con consideración e respecto os uns aos outros, co propósito principal de mellorar a enciclopedia mentres manteñen un ambiente de edición agradábel, para o que se require un comportamento amable, calmado e razoable.
A política de civismo aplica a tódolos editores en tódalas interaccións da Wikipedia, incluíndo as conversas nos artigos, páxinas de conversa de usuarios, resumos de edición, votacións e calquera outra conversa con ou sobre outros editores.