Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 01/06/2012 ata o 30/06/2012. |
Para pedir consello ou deixar un aviso sobre un posible conflito de intereses o mellor é utilizar o Taboleiro dos administradores. |
Na Wikipedia, un conflito de intereses é unha incompatibilidade entre o obxectivo da Wikipedia, que é producir unha enciclopedia imparcial baseada en fontes verificables, e os obxectivos particulares ou as intencións dun editor. Editar baixo un conflito de intereses significa colaborar na Wikipedia co fin de promocionar os intereses propios ou doutros individuos, compañías ou grupos. Antepor os intereses externos ao propósito da Wikipedia é incorrer nun conflito de intereses.
Editar baixo un conflito de intereses está, polo tanto, prohibido. Este tipo de edicións a miúdo violan políticas como o punto de vista neutral, o que a Wikipedia non é e o cumprimento dos dereitos de autor, e dan como resultado o bloqueo da conta implicada.