Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar (Votar) |
Permisos de usuarios |
A imaxe da semana é aquela imaxe que se destaca na Portada, polo de agora, cunha periodicidade semanal. Por regra xeral son imaxes relacionadas con Galicia ou coa cultura galega, ou imaxes feitas ex profeso para este proxecto por colaboradores habituais deste wiki mesmo sobre outros temas. Para propor unha imaxe como imaxe da semana debe cumprir a Política de uso de imaxes da Galipedia, estar correctamente referenciada a licenza e conter a información de autoría e orixe. Se hai dúbidas referidas aos requisitos de licenza, autoría ou orixe da imaxe a elección non será válida. En canto aos requisitos técnicos (peso do ficheiro, tamaño da imaxe, composición e outros parámetros) está pendente definir aqueles que deba cumprir como mínimo cada unha das imaxes. Así e todo procure propoñer unha imaxe dunha calidade media aceptable (resolución, tamaño, enfoque, definición etc.) así mesmo teña en conta que o valor da imaxe pode suplir certas deficiencias técnicas nalgúns casos.