![Isto é unha política oficial da Galipedia.](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a3/Nuvola_apps_klipper.png/40px-Nuvola_apps_klipper.png) | Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Esta é unha lista de Marcadores de licenza de imaxe na Galipedia e cada imaxe debe incluír un.
Despois de cargar a imaxe no wiki faga o seguinte:
- Engada o marcador de licenza, por exemplo {{PD}} para unha imaxe no dominio público.
- Engada canta información sexa posible coa táboa de información sobre a imaxe (se é unha fotografía: onde se tomou, quen fixo a fotografía, en que condicións, etc.).
- Introduza unha ligazón á fonte da imaxe.
- Se o marcador da imaxe require que se atribúa a autoría, por favor indique o autor! Teña en conta que a licenza {{Cc-by-sa-4.0}} require atribución.
- Se unha imaxe ten que estar en varias categorías engada cantos marcadores sexan necesarios.