Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 16/10/2015 ata o 16/11/2015. |
O contido incluído na Wikipedia pode ser editado, usado e redistribuído por calquera. Todo o contido da Wikipedia (artigos, categorías, modelos e outras páxinas) edítanse de forma colaborativa. Ninguén, sen importar a súa habilidade, coñecementos ou reputación dentro da comunidade, ten dereito a actuar coma se fose o dono dunha páxina particular. Unha persoa ou organización obxectivo do tema dun artigo non posúe o artigo, e non ten dereito a ditar o que pode dicir o artigo.
Aínda que os editores nunca poden "posuír" un artigo, é importante respectar o traballo e ideas dos outros editores. Polo tanto, aconséllase precaución ao eliminar ou reescribir grandes cantidades de contido escritas por un só editor, e buscar a colaboración de dito editor.
Ser o principal ou único editor dun artigo non constitúe posesión do mesmo. Os editores que estean familiarizados cun tema particular e en posesión de fontes fiables relevantes adoitan vixiar certos artigos e comentar ou modificar as edicións doutros editores, mentres isto non marxinalize opinións válidas de outros e estean igualmente xustificadas, pero isto non da a posesión dos artigos en si.