William Penn (* 14 de outubro de 1644 – † 30 de xullo de 1718), fundador da colonia británica da Provincia de Pensilvania, que posteriormente se dividiu en dous estados Pensilvania e Delaware. Os seus principios democráticos serviron como unha fonte importante na inspiración da constitución estadounidense e é un dos pioneiros da tradición radical norteamericana.