Windows 7

Microsoft Windows 7
Desenvolvedor(es)Microsoft
Última versión6.1 (Build 7601: Service Pack 1)
(22 de febreiro de 2011)
Sistema operativoWindows NT 6.1[1]
TipoSistema operativo
LicenzaMicrosoft (EULA)

Microsoft Windows 7 ou Windows 7 (en inglés, Windows Seven) é o sistema operativo de Microsoft deseñado como sucesor do Windows Vista.

Windows 7 é un sistema operativo desenvolto por Microsoft. Formou parte da familia de S.O. de Windows NT. O seu desenvolvemento comezou no 2006 baixo o nome clave "Blackcomb". Windows 7 foi liberado para fabricación o 22 de xullo de 2009[2], e estivo dispoñible o 22 de outubro do mesmo ano[3], menos de tres anos despois da dispoñibilidade do seu predecesor, Windows Vista. A contraparte como servidor do Windows 7, Windows Server 2008 R2, foi liberada ó tempo.

Windows 7 foi pensado como unha posta ó día incremental do sistema operativo, tendo en conta a recepción crítica do Windows Vista (en relación a cousas como as melloras de rendemento), mantendo a compatibilidade de hardware e software. Windows 7 continuou as melloras con Windows Aero (a interface de usuario introducida en Windows Vista) coa adición dunha barra de tarefas redeseñada que permitía ás aplicacións ser arrastradas alí, e novas capacidades no manexo de ventás. Foron tamén engadidas outras novas posibilidades, incluíndo bibliotecas, o sistema de compartición de ficheiros HomeGroup, e soporte para entrada multicontacto. Tamén foi engadida unha nova interface "Action Center" para subministrar unha supervisión do sistema de seguridade e mantemento da información, e axustes do sistema de control da conta de usuario para facelo menos intrusivo. Asemade, foi empaquetado con versións postas ó día de varias aplicacións, incluíndo Internet Explorer, Windows Media Player e Windows Media Center

En contraste con Vista, Windows 7 foi ben tratado en xeral polas críticas, que consideraron o sistema operativo como unha mellora ampla sobre o seu predecesor debido ó incremento do seu rendemento, a súa interface máis intuitiva (en particular a súa barra de tarefas), menor número de ventás emerxentes de control de conta de usuario e outros. Windows 7 foi un éxito para Microsoft; mesmo antes da súa liberación oficial, as ordes pre-venda no comercio minorista Amazon.com superou marcas anteriores. En só seis meses, máis de 100 millóns de copias foron vendidas arredor do mundo, subindo a máis de 630 millóns de licenzas en Xullo de 2012, cunha porcentaxe de mercado de 50.06% en Maio de 2014 segundo datos de Net Applications, facendo del a versión de Windows máis amplamente usada.

  1. "Operating System Versioning". Microsoft Developer Network. Microsoft. Build date: 10/8/2009. http://msdn.microsoft.com/en-gb/library/dd371754(VS.85).aspx.http://msdn.microsoft.com/en-gb/library/dd371754(VS.85).aspx[Ligazón morta]. Comprobado en 2009, 6-7 e 20-12.
  2. "Windows 7 and Windows Server 2008 R2 Timelines Shared at Computex". Microsoft. June 3, 2009. Consultado o June 3, 2009. 
  3. "Windows 7 and Windows Server 2008 R2 Timelines Shared at Computex". Microsoft. June 3, 2009. Consultado o June 3, 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy