X-Men: Days of Future Past | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | X-Men: Days of Future Past |
Director | Bryan Singer |
Produtor | Lauren Shuler Donner Bryan Singer Simon Kinberg Hutch Parker |
Guión | Simon Kinberg |
Baseado en | "Days of Future Past" de Chris Claremont e John Byrne |
Intérpretes | Hugh Jackman James McAvoy Michael Fassbender Jennifer Lawrence Halle Berry Anna Paquin Ellen Page Peter Dinklage Ian McKellen Patrick Stewart |
Música | John Ottman |
Fotografía | Newton Thomas Sigel |
Montaxe | John Ottman |
Estudio | 20th Century Fox Marvel Entertainment Bad Hat Harry Productions The Donners' Company TSG Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Javits Center 10 de maio de 2014 Reino Unido 22 de maio de 2014 Estados Unidos 23 de maio de 2014 |
Duración | 131 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Acción, fantasía |
Orzamento | $200 000 000[2] |
Recadación | $746 000 000 |
Filme anterior | X-Men: First Class |
Filme seguinte | X-Men: Apocalypse |
Na rede | |
http://www.x-menmovies.com | |
X-Men: Days of Future Past é un filme de superheroes dirixido por Bryan Singer que se estreou no 2014. Baséase nos personaxes ficticios de X-Men que aparecen en Marvel Comics. É o sétimo filme sobre os X-Men e é unha secuela tanto de X-Men: The Last Stand (2006) como de X-Men: First Class (2011). A historia, inspirada na trama de 1981 "Days of Future Past" creada por Chris Claremont e John Byrne, céntrase en dous períodos temporais e na viaxe de Lobeto a 1973 para salvar o futuro da humanidade. Neste filme actúan actores como Hugh Jackman, James McAvoy, Michael Fassbender, Jennifer Lawrence, Halle Berry, Anna Paquin, Ellen Page, Nicholas Hoult, Shawn Ashmore, Peter Dinklage, Ian McKellen e Patrick Stewart. Simon Kinberg escribiu o guión a partir dunha historia concibida por el, Matthew Vaughn e Jane Goldman.
Trátase dunha coprodución británico-estadounidense cun orzamento de $200 millóns. A rodaxe comezou en Montreal, Canadá, en abril de 2013 e rematou en agosto do mesmo ano. A estrea fíxose na cidade de Nova York o 20 de maio de 2014, e nos cines o 23 de maio.
X-Men: Days of Future Past recibiu boas críticas, converténdose no mellor valorado da serie X-Men. Salientan o seu fresco estilo visual e a súa trama. Tamén é o filme con maior recadación da serie, con $736 millóns en todo o mundo. A súa secuela, X-Men: Apocalypse, estreouse no 2016, con Singer como director.