Jalisco (es) | |||||
Lema | «Jalisco es México» «Jalisco no te rajes» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | México | ||||
Capital | Guadalaxara | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.844.830 (2015) (99,82 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua tepecana Lingua huichol purépecha do oeste das Serras lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 78.588 km² | ||||
Altitude | 1.355 m | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1823 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Jalisco (en) | Enrique Alfaro Ramírez (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Congress of Jalisco (en) Circunscrición: 20, (Escano: 39) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 44-49 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-JAL | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | jalisco.gob.mx | ||||
Xalisco[1][2] (en castelán: Jalisco) é un dos 31 estados de México. Limita ó norte cos estados de Nayarit, Zacatecas e Aguascalientes, ó leste con Aguascalientes, Zacatecas, San Luis Potosí, Guanajuato e Michoacán, ó sur con Michoacán, Colima e o océano Pacífico e Nayarit.[3] A súa área é de 78.588 km²,[4] e a súa poboación era de 7.844.830 habitantes en 2050.[5] A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, que tamén é a súa cidade máis habitada. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana está formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.
Xalisco é a cuarta entidade federativa máis poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Nuevo León e Baixa California.