Xaque mate

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Véxase tamén: Regulamento do xadrez.
Unha posición de xaque mate.

En xadrez, a posición de xaque mate, ou mate, é aquela coa que o último bando que moveu gaña a partida. É dicir, hai un xaque ao rei, que non pode ser evitado mediante ningunha xogada legal por parte do bando ameazado.

O xaque como xogada de ameaza de captura que é, só pode ser evadido dun dos tres seguintes xeitos:

  1. Interpondo unha peza entre a peza agresora e a peza agredida (isto non é posible contra o ataque do cabalo).
  2. Capturando a peza agresora.
  3. Movendo a peza agredida (o rei) a unha casa fora da acción das pezas contrarias.

Se ningunha das tres formas anteriores é posible, fálase entón dun xaque mate.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy