Xerez da Fronteira

Modelo:Xeografía políticaXerez da Fronteira
Jerez de la Frontera (es) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Localización
Mapa
 36°42′00″N 6°07′00″O / 36.7, -6.1167Coordenadas: 36°42′00″N 6°07′00″O / 36.7, -6.1167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalXerez da Fronteira Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación213.231 (2023) Editar o valor en Wikidata (179,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.188.230.000 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude56 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
6 de decembro de 1260Siege of Jerez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónDionisio o Aeropaxita, Virxe da Mercede e Q114876152 Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría José García-Pelayo Jurado Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11401–11579 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico956 Editar o valor en Wikidata
Código INE11020 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webjerez.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451039

Xerez da Fronteira[1][2] (en castelánJerez de la Frontera) é unha cidade e concello da provincia de Cádiz en Andalucía. É o núcleo urbano máis poboado da provincia e o quinto de Andalucía (215.180 hab.). Está situada ao sur da Península Ibérica, a pouco máis de 15 km do océano Atlántico e 100 km do estreito de Xibraltar.

A igrexa de San Miguel, centro dun dos barrios máis populosos do centro histórico da cidade.

Situada nunha posición céntrica e ben comunicada na provincia convertérona no principal nó de comunicacións e nun dos centros loxísticos e de transportes de Andalucía occidental.[3] O seu tamaño e capacidade de crecemento outorgáronlle maior dinamismo económico que o da capital provincial.[4] É internacionalmente coñecida polo viño homónimo, xa que está situada nunha zona fértil para a agricultura e a gandería.

O seu termo municipal ocupa unha extensión de 1.188,14 km² que se estenden sobre o val do Guadalquivir. Ademais, inclúe unha ampla extensión do Parque Natural de Los Alcornocales e a Serra de Gibalbín, coñecido como Montes de Propio de Xerez.

É unha das dúas cidades principais da área metropolitana da Baía de Cádiz-Xerez, terceiro conglomerado urbano de Andalucía e un dos máis activos económica e industrialmente. Ademais, é municipio membro da Mancomunidade de Municipios da Baía de Cádiz. É sede episcopal da Diocese de Asidonia-Xerez, que abarca o norte da provincia de Cádiz, tomando o río Guadalete como fronteira natural.

Gran parte do centro histórico da cidade é Ben de Interese Cultural coa denominación de Conxunto Histórico Artístico. Zona Vella de Xerez da Fronteira.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerezano.
  2. Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. ISBN 9788482893600. 
  3. El País (7 de xaneiro de 2006). "Todos los caminos conducen a Jerez". Consultado o 13 de xullo de 2008. 
  4. La Caixa. "Anuario Económico de La Caixa 2008. Datos estatísticos municipais." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2008. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy