Xermania, cuxo título completo en latín é De Origine et situ Germanorum e en galego Da orixe e situación dos xermanos, é un traballo etnográfico escrito polo historiador romano Publio Cornelio Tácito arredor do ano 98. Trata sobre os diversos pobos xermánicos non pertencentes ao Imperio Romano situados preto ou nas fronteiras deste.