Xermar | |
---|---|
Cruceiro e igrexa | |
Concello | Cospeito[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°12′28″N 7°29′24″O / 43.20785951, -7.49006833 |
Área | 11,9 km² |
Poboación | 246 hab. (2019) |
Densidade | 20,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Xermar é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 255 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[2], 127 homes e 128 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 26 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 301 habitantes (145 homes e 156 mulleres) e 57 menos que en 2000.