Xifosuros Xiphosura Rango fósil: ordovícico - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Limulus polyphemus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subordes | |||||||||||
A dos xifosuros (Xiphosura) é unha orde de quelicerados mariños da clase dos merostomados.
Antigamente clasificado como unha clase, este rango asígnase hoxe ao taxon dos merostomados (Merostomata), que inclúe a orde fósil dos euriptéridos (Eurypterida). Estes últimos parece que están máis cerca dos arácnidos que os merostomados actualmente vivos (os xifosuros).
A súa especie máis coñecida é Limulus polyphemus o chamado cangrexo de ferradura, aínda que son todas moi semellantes entre si.
Os xifosuros considéranse como fósiles viventes porque evolucionaron moi pouco nos seus máis de 475 millóns de anos de existencia (apareceron por primeira vez no rexistro fósil no ordovícico inferior).[1][2]