Xilema

Sección de parte dunha folla na que o xilema se mostra como círculos vermellos na figura 8.

O xilema[1] é un tecido condutor das plantas vasculares xerado a partir do cámbium, e permite o transporte da auga e sales minerais extraídas do solo mediante as raíces ata as follas para realizar a fotosíntese. Tamén lle dá resistencia á planta cando está lignificado.

O xilema forma parte dos tecidos vasculares, xunto co floema. O tecido normalmente encóntrase no cilindro vascular. A palabra xilema deriva do grego ξύλον xylon 'madeira', e nas plantas leñosas a maior parte da madeira é xilema. Nas plantas leñosas xeralmente o xilema do centro da planta non é xa funcional.

  1. BUSCatermos - Universidade de Santiago de Compostela xilema

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy