Xisto

Fragmento de xisto.

O xisto[1] é unha rocha de orixe metamórfica, procedente do metamorfismo das arxilas, que presenta unha estrutura de follas ou láminas paralelas que se separan con facilidade. Hai autores que clasifican ao xisto arxiloso como unha rocha sedimentaria, e é posíbel esa distinción, mais en Galicia, como en moitos lugares do mundo, tódolos xistos son de orixe metamórfica.

Preséntase xeralmente nunha cor opaca azulada escura e emprégase moito en cubertas e revestimentos interiores e exteriores.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xisto.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy