Xoana a Beltranexa

Modelo:BiografíaXoana a Beltranexa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Joana de Trastâmara Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1462 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1530 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Raíña de Portugal
Pretendente á Coroa de Castela
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa Beltraneja Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa Clara Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa de Asturias
Raíña de Portugal Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAfonso V de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique IV de Castela
Beltrán de la Cueva (disputado) Editar o valor en Wikidata  e Xoana de Portugal Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1152456

A infanta Xoana de Castela, nada en Madrid o 28 de febreiro de 1462 e finada en Lisboa en 1530[1], foi unha infanta castelá, raíña proclamada de Castela e de León e raíña consorte de Portugal. Destituída do seu rango, tivo que renunciar por tratado a todos os seus títulos e señoríos, ata á súa calidade de infanta castelá e de alteza, tralo cal foi chamada oficialmente, por real decreto portugués, «a Excelente Senhora» ata o final da súa longa vida no exilio de Portugal. Foi a única filla e herdeira de Henrique IV e da súa segunda esposa a raíña Xoana de Portugal, filla de Duarte I de Portugal.[2] Unha parte da nobreza castelá non a aceptou como filla biolóxica do rei, seu pai, a quen acusou de obrigar á raíña –a súa muller– a ter un fillo co seu favorito, Beltrán de la Cueva, primeiro duque de Alburquerque, malia que ambos xuraran solemnemente que non fora así. Beltrán non se atopaba en lugar necesario para iso nas datas concretas. Había sospeitas sobre a impotencia de Henrique IV, xa que previamente estivera casado coa infanta Branca de Navarra e o matrimonio declarouse nulo porque nunca chegou a consumarse. Ademais, Henrique IV non tivo máis fillos nin coa súa muller nin con ningunha dos seus amantes.

  1. Dicionário & 1904-1915, p. Vol. III.
  2. Fernández Álvarez 2003, p. 70.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in