Xoana de Arco

Infotaula de personaXoana de Arco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
c. 6 de xaneiro de 1412 Editar o valor en Wikidata
Domrémy-la-Pucelle (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1431 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Ruán (Dobre monarquía de Inglaterra e Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, morte na fogueira Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
LinguaFrancés medio Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Francia Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra dos Cen Anos, sitio de Orleáns, Batalha de Jargeau (pt) Traducir, Batalha de Meung-sur-Loire (pt) Traducir, Batalha de Beaugency (pt) Traducir, Batalha de Patay (pt) Traducir, March to Reims (en) Traducir, Cerco de Paris (pt) Traducir, Siege of Saint-Pierre-le-Moûtier (en) Traducir, Siege of La Charité (en) Traducir e Cerco de Compiègne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa30 de maio Editar o valor en Wikidata
Outro
PaisJacques d'Arc (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Isabelle Rommée (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsCatherine d'Arc (en) Traducir, Jacques of Arc (en) Traducir, Jean d'Arc (en) Traducir e Pierre d'Arc (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ImputaciónHerexía e Bruxaría Editar o valor en Wikidata
Condenado porHerexía (1431) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
década de 1450Retrial of Joan of Arc (en) Traducir
1 de marzo de 1431interrogatorio
24 de febreiro de 1431interrogatorio
9 de xaneiro de 1431-29 de maio de 1431Trial of Joan of Arc (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX983805 Musicbrainz: 511c0e77-5d1c-4c47-a7e7-7dd9e43afe22 Songkick: 241937 WikiTree: D'Arc-1 Find a Grave: 22152 Editar o valor en Wikidata

Xoana de Arco (francés: Jeanne d'Arc[1]), nada o 5 ou o 6 de xaneiro[2] de 1412 en Domrémy-la-Pucelle (un pequeno poboado sito no departamento francés de Vosgos) e finada o 30 de maio de 1431 en Ruán,[3] tamén coñecida como a Doncela de Orleáns (ou, en francés, la Pucelle d'Orléans), foi unha heroína, militar e santa francesa. A súa festividade conmemórase o día da súa morte, o 30 de maio, como é tradición na igrexa católica.[4]

Nada entre 1407 e 1412, con 17 anos encabezou o exército real francés. Convenceu o rei Carlos VII de que expulsaría os ingleses de Francia e este deulle autoridade sobre o seu exército no sitio de Orleáns, a batalla de Patay e outros enfrontamentos en 1429 e 1430. Estas campañas revitalizaron a facción de Carlos VII durante a guerra dos Cen Anos e permitiron a coroación do monarca. Como recompensa, o rei absolveu Domrémy, vila natal de Xoana, de pagarlle o imposto anual á coroa (esta lei estivo en vigor ata hai cen anos). Os borgoñóns capturaron a Xoana e entregárona aos ingleses.[5] Os clérigos condenárona por herexía[6] e o duque Xoán de Lancaster queimouna viva en Ruán.

A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero están en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do bispo Pierre Cauchon. Entre estas testemuñas estaba o escribán oficial, designado só como Manchon, que afirma que en ocasións había secretarios agochados detrás das cortinas da sala agardando instrucións para borrar ou agregar cousas das actas.

Vinte e cinco anos logo da súa condena, o rei Carlos VII instigou a Igrexa a que revisase aquel xuízo inquisitorial, ditaminando o papa Nicolao V a inconveniencia da súa reapertura naqueles momentos, debido aos recentes éxitos militares de Francia sobre Inglaterra e á posibilidade de que os ingleses o tomasen, naqueles delicados momentos, como unha afronta por parte de Roma. Doutra banda, a familia de Xoana tamén reuniu as probas necesarias para a revisión do xuízo e envioullas o Papa, pero este negouse definitivamente a reabrir o proceso.

Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o valenciano Calisto III (nado como Alfons de Borja i de Llançol) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no século XX, foi beatificada en 1909 polo papa Pío X e posteriormente declarada santa en 1920 polo papa Bieito XV.[4] Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de Francia.[7]

A súa fama estendeuse inmediatamente logo da súa morte: venerada pola Liga Católica no século XVI, adoptada como símbolo cultural polos círculos patrióticos franceses dende o século XIX, foi unha inspiración para as forzas aliadas durante a primeira e a segunda guerra mundial.

Popularmente, Xoana de Arco é contemplada por moitas persoas como unha muller notable: valente, vigorosa e cunha grande fe. Foi un referente para as sufraxistas inglesas, e algunhas delas como Marjery Bryce manifestáronse vestidas como ela.[8] Hoxe en día é obxecto de especial interese na República de Irlanda, Canadá, Reino Unido e Estados Unidos. No movemento do Escultismo é a Santa Patroa dos guidistas.

  1. O seu nome foi escrito nunha variedade de formas, en particular antes da metade do século XIX. Véxase Pernoud and Clin, pp. 220–221. A súa firma aparece como "Jehanne" (véxase www.stjoan-center.com/Album/, parts 47 and 49; tamén se observa en Pernoud e Clin) (en inglés).
  2. As referencias bibliográficas modernas adoitan fixar o seu día de nacemento o 6 de xaneiro. O certo é que ela mesma só foi capaz de supoñer a súa propia idade: cando lle foi preguntada durante o seu proceso, respondeu « 19 anos, aproximadamente, creo. » - Fonte: Le procès de Jeanne d'Arc [arquive]. Todas as testemuñas do xuízo tamén estimaron aproximadamente a súa idade malia que moitos foron as súas padriños e madriñas. A data do 6 de xaneiro provén dunha soa fonte: unha carta do diplomático do reino de Francia Perceval de Boulainvilliers o duque de Milan escrita o 21 de xuño de 1429 : « Veu á luz da nosa vida mortal na noite da Epifanía do Señor». (ver Xoana de Arco por si mesma e polas súas testemuñas, de Régine Pernoud, p. 98. O nacemento probablemente non foi rexistrado xa que a práctica de rexistrar os nacementos dos plebeos (ou xente que non era nobre) non comezou ata uns séculos máis tarde.
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome GEC
  4. 4,0 4,1 "La santa doncella, Juana de Arco (1412-1431)". Consultado o 2022-08-30. 
  5. "Le procès de Jeanne d'Arc" (en francés). Consultado o 25 de abril do 2019. 
  6. "Juana de Arco, una heroína francesa contra los ingleses". historia.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2015-02-09. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-30. 
  7. Un tribunal presidido polo inquisidor Jean Bréhal volveu reabrir o seu caso trala guerra. O novo veredicto invalidou o orixinal e describiu o proceso anterior como "corrupto, calumnioso, fraudulento e malicioso". [1] (Recuperado o 12 de febreiro de 2006) (en inglés)
  8. "Estudiar la propia ausencia: sobre «Las que faltaban. Una historia del mundo diferente», de Cristina Oñoro | PliegoSuelto" (en castelán). Consultado o 2022-08-30. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy