O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xullo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Denominacións populares do mes de xullo son mes de Santiago (ou simplemente, Santiago), e mes da sega ou seitura (alcumes estes que comparte con agosto [1]).