Jórvek (non) | ||||
Lema | «Let the Banner of York Fly High» | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Taxus | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Nordeste de Inglaterra | |||
Condado cerimonial | North Yorkshire | |||
Área | City of York (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 208.400 (2016) (766,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 271,94 km² | |||
Altitude | 25 m | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 71 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | YO1, YO10, YO19, YO23, YO24, YO26, YO30, YO31, YO32 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01904 | |||
Código NUTS | UKE21 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Identificador | 6687 | |||
Páxina web | york.gov.uk |
York é unha cidade do norte da Inglaterra, situada na confluencia dos ríos Ouse e Foss, no condado de North Yorkshire.
Trátase dunha das máis antigas cidades inglesas, sendo fundada no 71 d.C. como Eboracum polos romanos. Entre o 190 e o 192 d.C. tornouse a capital principal do Imperio Romano ao gobernar desde ela o emperador Septimus Severus.
Crese que Eboracum, nome da cidade desde o ano 71 até o século VII, sexa unha latinización da expresión céltica Eborakon, que significa "lugar dos teixos".
O nome Eboracum mudou en Eoforwic cando os Anglos chegaron no século VII, un composto de Ebor>Eofor (do vello nome) e de -wic ("vila"). Cando no 886 foi conquistada por un exército normando procedente de Dinamarca, pasou a ser nomeada como Jórvik, en honra do líder militar que a tomou. O termo evolucionou até o actual York, rexistrado por primeira vez no século XIII
Arredor do ano 1080 comezou a construción da catedral, que actualmente se pode contemplar como un espléndido edificio de estilo gótico e é Sé do segundo arcebispo na xerarquía da Igrexa Anglicana, despois do de Westminster.
A cidade, grazas á súa proximidade á vía principal de comunicación entre o norte e o sur das illas, converteuse nun puxante centro de comercio. O rei Henrique I deulle o seu primeiro foro que lle garantía o dereito de comercio co resto de Inglaterra e Europa. Durante a Idade Media os marchantes de York importaban viño de Francia, roupas, cera, lonas e carballo dos Países Baixos, madeira e peles dos países Bálticos e exportaban gran a Gascoña e la aos Países Baixos
No século XIX York converteuse nun eixo da rede de ferrocarrís e nun centro de fabricación de doces. Nas décadas recentes, a economía de York mudou para se centrar no sector servizos. A Universidade de York e os Servizos de Saúde convertéronse nos maiores xeradores de emprego, xunto co turismo que tamén acadou un lugar importante na economía local.
En 2003, a cidade tiña 183.128 habitantes.