Zakynthos (grego: Ζάκυνθος, Zákynthos, italiano: Zacìnto) ou Zante (grego: Τζάντε, Tzánte/ˈzɑːnti,-teɪ,ˈzæn-/, italiano: Zante; do Veneciano), é unha illa do grupo das illas Xónicas que conforma unha prefectura de Grecia. A capital é a cidade de Zakynthos tamén chamada Chora, é dicir -a cidade-, que ten uns 15.000 habitantes. A illa e prefectura ten unha poboación de 42.000 persoas (102 hab./km²) e uns 405,55 km²[1]. A súa liña costeira mide 123 km e mide uns 40 km de longo por 20 de ancho. O seu punto máis alto é o monte Vrachionas, de 758 metros. O nome, como todos os nomes similares que terminan en -nthos, é premicénico ou Pelasgo en orixe. En mitoloxía grega dicíase que a illa debía o seu nome a Zakynthos, o fillo dun lendario xefe Dárdano de Arcadia.