Zeaxantina

Zeaxantina
Zeaxantina
Identificadores
Número CAS 144-68-3
PubChem 5280899
ChemSpider 4444421
UNII CV0IB81ORO
ChEBI CHEBI:27547
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C40H56O2
Masa molecular 568,88 g/mol
Aspecto alaranxado-vermello
Punto de fusión 2 155 °C; 3 911 °F; 2 428 K
Solubilidade en auga insoluble
Compostos relacionados
Compostos relacionados luteína
xantofila

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A zeaxantina (/ks/) é un carotenoides do grupo das xantofilas común na natureza. É importante no ciclo das xantofilas. Sintetízano plantas e algúns microorganismos, e é o composto que lle dá (ou axuda a dar en combinación con outros) a súa cor ao millo, paprika, azafrán, goxi, e moitas outras plantas e microbios.[1][2]

O seu nome deriva de Zea mays (o nome científico da planta do millo, no cal a zeaxantina proporciona o pigmento amarelo principal), e do grego xánthos, "amarelo".

As xantofilas como a zeaxantina atópanse en maiores cantidades nas follas da maioría das plantas verdes, onde actúan modulando a enerxía da luz e talvez serven como axente de desexcitación non fotoquímica (non-photochemical quenching) que actúa sobre a clorofila triplete (unha forma excitada da clorofila), que se produce en exceso cando hai niveis altos de luz durante a fotosíntese.

Os animais obteñen a zeaxantina das plantas da súa dieta.[2] A zeaxantina é un dos dous principais carotenoides xantofilas presentes na retina do ollo humano. Na mácula central do ollo a zeaxantina é o compoñente dominante, mentres que na retina periférica, predomina a luteína.

Algunhas persoas adoitan tomar suplementos de zeaxantina na suposición de que favorecen a saúde do ollo, pero, aínda que non hai informes de que isto teña efectos secundarios, os seus posibles beneficios non están claramente probados cientificamente, a pesar dos amplos estudos científicos que se están a realizar para definir os efectos da zeaxantina e luteína na dieta.[3][4][5]

Como aditivo alimentario a zeaxantina utilízase como colorante alimentario co número E161h.

  1. Encyclopedia.com. "Carotenoids". Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Lutein + Zeaxanthin Content of Selected Foods". Linus Pauling Institute, Oregon State University, Corvallis. 2014. Consultado o 20 May 2014. 
  3. Age-Related Eye Disease Study 2 Research Group (2013). "Lutein + zeaxanthin and omega-3 fatty acids for age-related macular degeneration: The Age-Related Eye Disease Study 2 (AREDS2) randomized clinical trial". JAMA 309 (19): 2005–15. doi:10.1001/jama.2013.4997. PMID 23644932.
  4. Pinazo-Durán, M. D.; Gómez-Ulla, F; Arias, L; Araiz, J; Casaroli-Marano, R; Gallego-Pinazo, R; García-Medina, J. J.; López-Gálvez, M. I.; Manzanas, L; Salas, A; Zapata, M; Diaz-Llopis, M; García-Layana, A (2014). "Do Nutritional Supplements Have a Role in Age Macular Degeneration Prevention?". Journal of Ophthalmology 2014: 901686. doi:10.1155/2014/901686. PMC 3941929. PMID 24672708.
  5. Koo, E; Neuringer, M; Sangiovanni, J. P. (2014). "Macular xanthophylls, lipoprotein-related genes, and age-related macular degeneration". American Journal of Clinical Nutrition 100 (Supplement 1): 336S–346S. doi:10.3945/ajcn.113.071563. PMID 24829491.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in