Zurro

Depósito de xurro.

O zurro,[1] xurro,[2] ludro[3] ou zudre[4] é un produto líquido constituído por unha mestura de dexeccións sólidas e líquidas e de produtos de alimentación animal, en cantidades variables, xeralmente cun contido de auga superior ó 85% en peso.

A almacenaxe de zurro en depósitos non axeitados, o seu uso como fertilizante en épocas inadecuadas, dadas as características físico-químicas do solo en cada estación, ou a vertedura directa ós cursos fluviais e á rede pública poden provocar accidentes ou a contaminación das augas superficiais e subterráneas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zurro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xurro.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ludro.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zudre.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in