Faloidina

Faloidina
Identificadores
Número CAS 17466-45-4
PubChem 441542
ChemSpider 28467534
ChEBI CHEBI:8040
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C35H48N8O11S
Masa molar 788,87 g mol−1
Aspecto Acicular
Punto de fusión 281 °C; 538 °F; 554 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A Amanita phalloides contén faloidina, aínda que non é o seu principal veleno.

A faloidina é un composto que pertence a unha clase de toxinas chamadas falotoxinas, que se encontran no fungo Amanita phalloides. É un hexapéptido bicíclico ríxido que é mortal poucos días despois de ser inxectado no torrente sanguíneo. O principal síntoma do envelenamento por faloidina é sentir unha gran fame debido á destrución das células do fígado. Funciona uníndose e estabilizando a proteína actina filamentosa (actina F ou F-actina) e impedindo a despolimerización das fibras de actina. Debido á súa unión forte e selectiva coa actina F, os derivados da faloidina que levan etiquetas fluorescentes utilízanse moito en microscopía para visualizar a actina F en investigacións biomédicas. Aínda que a faloidina é moi tóxica para as células hepáticas, engade pouca toxicidade adicional á que teñen outros compoñentes da Amanita phalloides, xa que non se absorbe no tracto dixestivo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy