Embigo | |
---|---|
Embigo humano | |
Latín | umbilicus |
Arteria | Arteria umbilical |
O embigo[1] é a cicatriz resultante da caída fisiolóxica (natural) do cordón umbilical, e acostuma manifestarse como unha depresión na pel. A palabra embigo ten a súa orixe no latín umbilīcus, diminutivo de umbo.
O cordón umbilical restante tralo parto acostuma caer entre unha a dúas semanas despois do nacemento, formando así o embigo no bebé.